A hipótese do homicidio cobra forza na morte do dono dun bar en Ourense

En canto ao caso da moza desaparecida na cidade, Javier Losada apunta que pode tratarse dunha "ausencia voluntaria"
Precinto policial no Bar Novo, en Ourense. EUROPA PRESS
photo_camera Precinto policial no Bar Novo, en Ourense. EUROPA PRESS

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou este xoves que "a Policía Nacional está a traballar coa hipótese de homicidio" no caso da morte violencia do dono do Bar Novo, situado no centro histórico de Ourense. 

A preguntas dos xornalistas con motivo da súa presenza nunha visita en Ourense, Losada apuntou a esta "liña de investigación clara", pero pediu que se respecte o silencio", que levará a esclarecer os feitos "máis pronto que tarde", abundou. 

Pola súa banda, o delegado do Goberno sinalou que no caso da moza de 26 anos desaparecida en Ourense a Policía Nacional "non deixou de traballar desde que o día 5 de febreiro a nai presentou a denuncia". 

Por este motivo, sinalou que "a Policía Nacional está a barallar todas as hipóteses, entre as que se atopa que poida ser unha ausencia voluntaria ou outras condicións".

"PODE ESTAR POR AQUÍ". Segundo manifestou, a nai presentou a denuncia o pasado día 5 de febreiro tras manifestar que "non tiña ningunha información da súa filla desde o 5 de xaneiro". 

No entanto, manifestou que está aberta unha liña de investigación que apunta a que "foi vista cunha persoa entre o día 5 de xaneiro e o 5 de febreiro", o cal lles di que "pode estar por aquí". 

Comentarios