As seis historias de amor coas que sorprenderá 'Casamos!' este verán

Amores que empezan na adolescencia, frechazos, segundas oportunidades, bodas de prata... o programa amosa relacións moi diferentes cun desenlace similar: unha gran voda
Laura e Roberto. TVG
photo_camera Laura e Roberto. TVG

As vindeiras entregas de Casamos! chegarán repletas de romanticismo. O programa producido polo Grupo Progreso e Zenit e emitido pola TVG recolle as historias de amor de parellas de noivos como  Laura e Roberto, que ao principio non se podían ver nin en pintura, pero as conversas derivaron en coqueteo e as primeiras citas no patio do colexio deron paso a varios anos de relación. Tras unha ruptura breve pero dolorosa e un ultimátum, decidiron volver apostar polo seu amor e nove meses despois naceu o seu fillo Samuel.  Agora, porán o broche de ouro a súa historia cunha gran voda en Carballo e serán os protagonistas do programa o próximo 22 de xullo.

Julene e David. TVGUnha semana despois, emitirase o Casamos!  de Julene e David, que se namoraron nunha noite de troula. O seu foi un auténtico frechazo e decidiron ir a por todas.  Agora preparan xuntos a voda dos seus soños en Redondela: familiar, moi emotiva e... con trens incluídos! 

Carolina e Lalo. TVGAs emisións de agosto comezarán o día 5 cunha cerimonia na Guarda, a de Carolina e Lalo, que con dous fillos e despois de superar momentos duros no seu camiño, deciden celebrar por todo o alto as súas vodas de prata.

Elena e Juan. TVGO 12 de agosto a protagonista será a parella que conforman Elena e Juan, nacidos en Cataluña pero con ascendencia galega. A súa paixón pola terriña levounos a formar parte de dous centros galegos, o de Hospitalet e o de Cornellá. O folclore e tradición galega uniunos e pouco a pouco foron namorando. Agora, 9 anos despois dese encontro celebran a súa voda en Navia de Suarna.

Paula e Arturo. TVGA seguinte entrega de Casamos!, a do día 19 de agosto, conta o idilio de Paula e Arturo, unha historia de segundas oportunidades. Foron mozos de adolescentes pero a vida separounos cando ela marchou vivir a Suíza, quedando Arturo a vivir na Guarda. Dúas décadas despois o amor volve xurdir entre eles e Arturo decide deixar o seu pobo para comezar unha nova vida ao lado de Paula. O seu camino xuntos non foi doado por moitos motivos, pero conseguiron superar todas as dificultades xuntos e por iso agora volven á súa terra para casar.

SusosA última emisión do mes concluirá co romance de Suso e Suso. Os seus plans de voda apareceron sen pensalo nunha celebración familiar e a petición oficial foi na propia Televisión de Galicia, con Pili Pampín como mestra de cerimonias. Menos dun ano despois, prepráranse para dar o 'si, quero'.

Comentarios