miércoles. 30.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 30.09.2020
El tiempo

Os hostaleiros da Coruña recorren o peche dos locais de lecer nocturno

La sede de la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería. EP
La sede de la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería. EP
Pretenden suspender de xeito cautelar as restricións ditadas pola Xunta

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña presentará un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para que suspenda de xeito cautelar as restricións ditadas pola Xunta o pasado venres para a comarca da Coruña polo aumento do número de casos de coronavirus. 

"Foi unha fin de semana moi dura", explica o presidente da entidade, Héctor Cañete, que recorda que o lecer nocturno permaneceu pechado desde o venres e os locais de hostalería teñen reducido o seu aforamento ao 50% en interior e terrazas e con hora de peche ás 1,00 horas. 

"Estas medidas deben emanar a nivel estatal para que teñan cobertura legal", denuncia o representante do sector, que explica que a denuncia é a mesma que presentaron os hostaleiros aragoneses que, di, conseguiron que o xulgado aprobase suspender as restricións "por non estar suficientemente xustificadas legalmente". 

De xeito "coordinado", sinala Cañete, están a actuar os hostaleiros tamén de Cantabria ou Asturias para intentar que de xeito "inmediato" queden sen vigor medidas que consideran prexudiciais. "Hai empresarios que levantaron o 100% dos Erte e outros contrataron persoal caro a agosto", denuncia o dirixente da asociación coruñesa.

CRIMINALIZAR O SECTOR. A asociación presentou este luns unha queixa ante a Consellería de Sanidade para denunciar as medidas xa que cren que as limitacións de aforamentos ou horarios "restrinxen dereitos fundamentais" que só se poderían efectuar, engade, "en estados de sitio, alarma ou excepción declarados". 

Os hostaleiros coruñeses reprochan que estas medidas provocan a súa "criminalización" e causan "miseria e ansiedade" nun sector que, defenden, "o único que intenta é sobrevivir á catástrofe económica que ameaza ás nosas empresas". Piden que se aumenten "as medidas de rastrexo" que consideran que sería "máis efectivo" para controlar o virus. 

Os hostaleiros da Coruña recorren o peche dos locais de lecer nocturno
comentarios