viernes. 18.10.2019 |
El tiempo
viernes. 18.10.2019
El tiempo

Iglesias visita a lonxa da Coruña e chama a negociar "mellor as cotas pesqueiras"

Iglesias e os candidatos de En Común Unidas Podemos ao Congreso na lonxa da Coruña. CABALAR
Iglesias e os candidatos de En Común Unidas Podemos ao Congreso na lonxa da Coruña. CABALAR

O líder de Podemos e os candidatos ao Congreso da formación asistiron á poxa de peixe ás 6.30 da mañá

O candidato á presidencia do Goberno por Unidas Podemos, Pablo Iglesias, considerou este xoves que é "fundamental" que "España negocie mellor as cotas pesqueiras en Bruxelas", co obxectivo de apoiar a un sector tan relevante como o da pesca. Acompañado dos candidatos ao Congreso de En Común Unidas Podemos —a marca da coalición en Galicia—, visitou a lonxa da Coruña e asistiu á poxa de peixe que se celebra ás 6.30 da mañá.

"É unha honra, un orgullo, estar nesta lonxa que é, probablemente, o porto máis importante de Europa de descarga de peixe fresco" valorou Iglesias, que insistiu na importancia do sector pesqueiro na economía española e, sobre todo, na galega. "Creo que é fundamental entender que Galicia é o puntal da pesca do noso país e hai que apoiar a un sector que xera moitos postos de traballo" polo que ve preciso que o próximo Goberno que salga das urnas o 28 de abril "negocie mellor as cotas pesqueiras en Bruxelas", que é unha das principais demandas do sector na comunidade galega.

Pablo Iglesias realizou esta visita á lonxa coruñesa na xornada da campaña que dedicará a Galicia, durante a que tamén visitará as cidades de Ferrol e Vigo.

Iglesias visita a lonxa da Coruña e chama a negociar "mellor as...
Comentarios