Illa afirma que a data das eleccións dependerá da evolución da pandemia

O ministro de Sanidade asegurou que os comicios non se celebrarán ata que o proceso poida levar a cabo con total garantía
Salvador Illa. EFE
photo_camera Salvador Illa. EFE

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, dixo este venres que "oxalá se poidan celebrar as eleccións autonómicas pospostas en Galicia e Euskadi, aínda que será a situación da epidemia do coronavirus a que fixe as datas para que se poidan facer con total garantía.

Así o asegurou Illa na rolda de prensa que ofreceu xunto á portavoz do Goberno, María Jesús Montero, tras o Consello de Ministros extraordinario ao ser preguntado por este asunto.

"Oxalá se poidan celebrar as eleccións no País Vasco e Galicia, que se pospuxeron, e será a situación da epidemia" a que fixará a data para que se poidan celebrar con total garantía, indicou o ministro.

O lehendakari, Iñigo Urkullu, avanzou este venres a posibilidade que as eleccións vascas previstas inicialmente para o 5 de abril pasado e aprazadas pola crise da COVID-19, se celebren o próximo mes de xullo.

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou que os comicios "non forman parte da axenda" do seu Goberno e insistiu en que dependen de dous factores: a situación do estado de alarma decretada e a evolución da pandemia do coronavirus.

Vascos e galegos votaron o mesmo día nas tres convocatorias autonómicas anteriores, 2009, 2012 e 2016, e ían facelo de novo o pasado 5 de abril. 

Comentarios