Inaugurada a autovía de Carballo a Zas tras un investimento total de 170 millóns de euros

Núñez Feijóo, xunto a Ethel Vázquez, participou na posta en servizo da autovía da Costa da Morte, que prolongará así a actual autoestrada da Coruña
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside el acto de inauguración de la autovía
photo_camera El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside el acto de inauguración de la autovía

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou este venres a autovía que conecta os municipios coruñeses de Carballo e Zas, cun percorrido de 27 quilómetros e un investimento de 170 millóns de euros, e anunciou que este ano presentará o proxecto para o seguinte tramo.

Feijóo, xunto á titular de Infraestruturas, Ethel Vázquez, participou na posta en servizo da autovía da Costa da Morte, que prolongará así a actual autoestrada da Coruña, aínda que o tramo aberto este venres non terá peaxes.

"PASO A PASO". O titular autonómico anunciou a contratación este mesmo ano do proxecto construtivo para prolongar a vía ata Vimianzo e conectar con Camariñas.

"Seguimos crendo que a Costa da Morte merece e necesita unha vía de alta capacidade que unha A Coruña con Fisterra. E logo de todos estes anos temos máis claro que nunca que o camiño se fai paso a paso, e que para chegar a Fisterra fai falta chegar primeiro a Baio, desde alí enfilar cara a Vimianzo e logo cara a Fisterra. Niso estamos", asegurou.

A nova vía de Carballo a Zas ten asociada unha circunvalación de Baio, o que evita sete quilómetros de circulación por travesías e reduce o tempo de desprazamento en vehículo.

INVERSIÓN EN ESTRADAS. A redución é de case a metade o tempo que ata agora era necesario para desprazarse entre Carballo e Santa Irena e permite, ademais, facelo de forma cómoda e segura a través dunha estrada de última xeración, detalla a Xunta a través dun comunicado.

Segundo Feijóo esta autovía ejemplifica a vontade da Xunta de vertebrar as comunicacións terrestres para lograr que o 80% da poboación galega estea a menos de quince minutos dunha "vía de alta capacidade" ao concluír este ano.

Feijóo aludiu así a que o seu Goberno investiu fondos para construír 210 quilómetros de "vías de alta capacidade libres de peaxe planificados e executados" en referencia aos tramos entre Sarria e Monforte, entre Ourense e Celanova, a unha parte da autovía do Baixo Miño e ao denominado corredor do Morrazo.

Comentarios