Extinguido un incendio forestal en Viana do Bolo tras queimar 35 hectáreas

O lume foi detectado cara ás 12:20 horas deste domingo nunha zona da parroquia de Penouta 

Un helicóptero trabaja en las tareas de extinción de los dos incendios declarados en el parque natural de O Invernadoiro. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Imaxe de arquivo dun operativo antiincendios. BRAIS LORENZO (EFE)

Un incendio rexistrado este domingo nunha zona forestal do municipio ourensán de Viana do Bolo queimou 35 hectáreas, segundo informa a Consellería de Medio Rural.

O lume, que xa está extinguido, foi detectado cara ás 12:20 horas nunha zona da parroquia de Penouta do citado municipio, onde se mobilizaron varios equipos para intentar controlalo.

Nas labores de extinción traballaron cinco brigadas e un axente con axuda de dous camións motobomba e dun helicóptero.