Un incendio arrasa as termas da Chavasqueira, en Ourense

O lume queimou o lugar, aínda que non houbo que lamentar danos persoais

Las termas da Chavasqueira, en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Incendio na Chavasqueira. TWITTER

Un incendio rexistrado na madrugada deste mércores arrasou todas as instalacións do complexo termal da Chavasqueira, situadas a beiras do Río Miño na cidade de Ourense. Segundo relataron fontes dos Bombeiros de Ourense a Europa Press, ás 1.30 horas deste mércores recibiron o aviso dunha persoa que acudiu ao parque, situado moi preto das termas.

En concreto, foi un empregado das instalacións o que deu a voz de alarma, concretou o 112 Galicia, que asegurou que non houbo danos ambientais nin persoais.

Ao lugar acudiron 12 bombeiros e outro tres efectivos máis de reforzo do corpo con dous vehículos autobomba. Ao chegar, aseguraron as mesmas fontes de bombeiros, "o lume estaba totalmente desenvolvido" nas instalacións, que eran de madeira, polo que o "único" que puideron facer foi "evitar a propagación".

Ás 5.30 horas deste mércores os bombeiros concluíron o servizo. As mesmas fontes deste corpo destacaron que quedou "todo arrasado" e só había "algunha columna en pé".

INVESTIGACIÓN. A Policía Nacional de Ourense desprazou á zona axentes da Policía Científica para inspeccionar a área do incendio e non descartan "nada" no marco da investigación aberta.

No entanto, fontes próximas á investigación, á espera dos resultados da Policía Científica, apuntaron a un posible curtocircuíto como orixe do incendio.

Comentarios