Incoan dilixencias para investigar as filtracións sobre a morte da nena de Muimenta

A publicación de certos datos relativos ao caso produciuse "estando a causa declarada secreta"

A vivenda onde foi achada a menor sen vida, en Muimenta. EP
photo_camera Muimenta, de loito pola traxedia. EP

O Xulgado de Instrución Número 1 de Vilalba incoou dilixencias previas para investigar a filtración de datos relacionados coa investigación para determinar as causas da morte dunha nena de sete anos en Muimenta, no municipio de Cospeito.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, "a publicación deses datos, que pode ter un impacto negativo na investigación" polo falecemento da menor, produciuse "estando a causa declarada secreta", situación na que aínda continúa.

A xuíza ordenou que se deduza testemuño destes feitos para a incoación dunhas dilixencias por un "presunto delito de revelación de segredos".