Incorporan drons á procura de dous kayakistas en Portosín

Lugar onde se centra a procura. 112 GALICIA
photo_camera Lugar onde se centra a procura. 112 GALICIA

A Axencia Galega de Urxencias incorporou este venres o seu equipo de drons no undécimo día da desaparición dos dous mozos desaparecidos en Porto do Son tras envorcar o seu kaiak, informou o 112 Galicia.

A Unidade Operativa de Drons da #AXEGA participa na busca dos mozos desaparecidos en Porto do Son. O operativo conta ademais coa intervención dos rescatadores de @salvamentogob, un helicóptero da @guardiacivil, o #GESMuros e #ProtecciónCivil.

Máis info: https://t.co/fJug7BZ3Iy pic.twitter.com/qHkPpJJu7r

— 112Galicia (@112Galicia) July 17, 2020

Segundo a previsión, os técnicos da AXEGA utilizarán estes aparellos para observar a zona comprendida entre Cabeiro e Baroña na procura dalgún indicio que permita localizar os mozos desaparecidos o pasado 6 de xullo, cando saíron a navegar nuns kaiaks en Portosín.

Deste xeito, o Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA intégrase no operativo de procura previsto para esta xornada, que iniciaron os rescatadores de Salvamento Marítimo por mar, os voluntarios de Protección Civil de Noia e Porto do Son e os membros do GES de Muros por terra e axentes da Garda Civil desprazados ao lugar a bordo helicóptero "Cuco".

Desde Salvamento Marítimo mobilizouse a Salvamar Régulus, que continuará pola tarde. Ademais, o GES de Muros saíu tamén cunha moto acuática. 

Comentarios