As nove infraccións de Casa Macán: de falta de limpeza a unha mala etiquetaxe

A inspección detectou varias irregularidades nas instalacións da queixería de Taboada
Las instalaciones de Macán, en Taboada. EP
photo_camera Las instalaciones de Macán, en Taboada. EP

O peche da quesería Casa Macán e a retirada dos seus produtos do mercado responde a nove infraccións recollidas na acta de inspección de Sanidade. 

  • Os locais destinados aos produtos alimenticios non están en bo estado limpeza e mantemento.

  • As salas nas cales se preparan, tratan ou transforman os produtos alimenticios non están en bo estado.

  • O almacenamento de materias primas e ingredientes non garante que non supoña risco para o produto final.

  • A temperatura aplicada en cada unha das fases do proceso produtivo non é apropiada (secadero C a temperatura).

  • En todas as etapas de produción e transformación os produtos alimenticios non están correctamente protexidos de focos de contaminación que poidan facelos non aptos para o seu consumo.

  • Os materiais e as operacións de envasado e embalaxe non evitan ser fonte de contaminación para o produto final.

  • Non se aplican procedementos adecuados de loita contra as pragas nin para evitar o acceso de animais domésticos.

  • Non se etiquetan debidamente os materiais e obxectos/produtos empregados.

  • Non se pode comprobar a trazabilidade de todos os produtos.

Os produtos retirados do mercado foron distribuídos por Galicia, Cataluña e Castela-A Mancha. A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) recomendan ás persoas que teñan produtos de Casa Macán que se absteñan de consumilos e os devolvan ao momento de venda.

► Estes son os queixos e manteigas afectados pola alerta:

  • Manteiga cocida de vaca
  • Queixo D.O. Arzúa Ulloa
  • Queixo D.O. Teto
  • Queixo D.O. Arzúa Ulloa curado
  • Queixo varra Costeño
  • Queixo galego en lonchas
Unha reclamación millonaria que foi desestimada
Eladio Rigueira, director de Casa Macán. ARCHIVOEladio Rigueira, propietario de Casa Macán, recoñece que non sabe se será capaz de reporse "a este pau". Dixo que está "desencantado", sobre todo despois de que hai soamente un mes fose desestimada polo xulgado do Mercantil de Lugo reclamación que tiña contra a firma asturiana Capsa por 6,6 millóns de euros en concepto de danos e prexuízos.

Rigueira pensaba que as tiña todas consigo para gañar o preito, pero foi ao revés e finalmente perdeuno. Agora, Capsa sopesa denuncialo por acusacións falsas e infundadas.

Comentarios