Intenta roubar nun bar de Cambados coa cara pintada de betume e fréao un cliente

O atracador foi arrestado tras darse á fuga. Ameazou á dependenta cun coitelo e un machete

El atracador de una cafetería de Cambados, tras ser detenido. DP
photo_camera El atracador de una cafetería de Cambados, tras ser detenido. DP

A Garda Civil detivo a un veciño de Vilanova de Arousa (Pontevedra), F.S.G, de 40 anos, "como presunto autor dunha tentativa de roubo con intimidación cometido o pasado xoves nunha céntrica cafetería de Cambados", tal e como informou a través dun comunicado o propio organismo. 

Os feitos sucederon ao redor das 23.00 horas, cando o individuo, "coa cara pintada con betume, entrou na cafetería portando un coitelo e un machete ameazando á dependenta e aos clientes coa intención de atracalos". 

Segundo explicou a Garda Civil, "a decidida resistencia dun dos clientes que lle fixo fronte, foi suficiente para obrigalo a que abandonase o local e evitar que conseguise o seu propósito". 

O posto principal da Garda Civil de Cambados, co apoio de patrullas de seguridade cidadá de Sanxenxo, O Grove e Vilagarcía, localizou e detivo ao individuo cando se daba á fuga. 

No momento da detención levaba a cara pintada e interviñéronselle as dúas armas brancas que utilizara no intento de atraco. 

A Garda Civil informou de que a detido "conta cun amplo historial delituoso por feitos similares". O venres foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Cambados, que decretou o seu ingreso preventivo no centro penal da Lama.

Comentarios