Interceptado dúas veces no mesmo día un condutor ebrio en Verín

O home xa fora condenado en tres ocasións coa perda de vixencia do seu permiso de conducir
Control de la Guardia Civil. DP
photo_camera Control da Garda Civil. DP

Axentes da Garda Civil interceptaron dúas veces no mesmo día un home de nacionalidade portuguesa que conducía unha furgoneta de traballo por Verín baixo os efectos do alcol.  Segundo informou o instituto armado, en primeiro lugar, ás 12.30 horas do xoves, efectivos da Garda Civil de Tráfico interceptaron o vehículo e realizaron a proba de alcoholemia ao condutor, que arroxou un resultado positivo de 0,49 mg/l. 

Ante estos feitos, conforme indicou a Garda Civil, o home avisou o dono da súa empresa para que recollese o vehículo que pilotaba. Con todo, nun control nas proximidades de Trasmirás, outra patrulla do mesmo destacamento de tráfico volveu interceptar o mesmo condutor coa mesma furgoneta. O home arroxou outro resultado positivo, cunha taxa de 0,37 mg/l. 

A Garda Civil informou de que este home fora condenado en tres ocasións coa perda de vixencia do seu permiso de conducir, polo que se trata dun reincidente

Comentarios