Interceptado dúas veces en dous días conducindo ebrio e drogado en Poio

En Raxó, outro condutor acabou comparecendo nun xuízo rápido por quintuplicar a taxa de alcol en sangue

Un control en Poio PL POIO
photo_camera Un control en Poio PL POIO

A colaboración cuidadá foi determinante no último mes para que a Policía de Poio interceptase a dous condutores ao mando dun coche tras consumir alcol e drogas. O corpo fixo públicos os datos de ambos os douscasos: un deles é un reincidente, cazado dúas veces nunha semana conducindo, tras provocar un accidente, e o outro, en Raxó, no que o condutor acabou comparecendo nun xuízo rápido, por quintuplicar a taxa de alcol en sangue

No primeiro dos casos, a mediados de abril, tras unha chamada dun veciño, que informou de que un vehículo circulaba a bandazos pola PO 308 dirección Sanxenxo, a Policia Local de Poio localizou un condutor que tras provocar un accidente na parroquia de San Xoán,  entrou nun bar coa intención de seguir  consumindo máis alcol.

A Policía logo de requirir o condutor para someterlle á proba de alcol, atopou que este arroxaba un resultado de 0.80 ml/g en aire expirado e ademais daba un resultado positivo na proba de drogas (cannabis).

Por motivo acúsaselle de dous delitos, un delito por superar as taxas de alcol permitidas e outro delito por circular con influenz na condución coa presenza de drogas no organismo. A Policía realizou a correspondente reclamación de danos polo accidente do cal foi responsable.

Todo iso púxose en coñecemento do xulgado de garda para a celebración dun xuízo rápido por delito contra a seguridade viaria.

Dous días despois,  volveuse a localizar o mesmo condutor circulando polo municipio, polo que se volveu a someter ás probas dando de novo resultados positivos de alcol, 0.54 ml/g e positivo en drogas, esta vez denunciouse administrativamente por ambas as dúas infraccións moi graves, cunha proposta de sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos.

RAXÓ. Por outra banda, a semana anterior na parroquia de Raxó detectouse outro condutor realizando unha condución neglixente e, ao sometelo á proba de alcoholemia deu un resultado de 1,15 ml/g aire expirado, o curioso deste condutor, segundo a Policía, é que, ademais de dar cinco veces máis do permitido, este solicitou realizar unha proba de contraste en sangue,  ao que tiña dereito, pero que ten unha a taxa estipulada pola Xunta de 129, 19 euros. O condutor arroxou  un resultado a proba de sangue de 2, 38 ml por litro de sangue e acabou sendo citado para xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria.