Intoxicadas seis persoas en Curtis pola mala combustión dun braseiro

Unha nai e seu fillo foron evacuados en Arteixo por un escape de gas

Seis membros dunha familia necesitaron ser evacuados na madrugada deste mércores con síntomas de intoxicación pola mala combustión dun braseiro en Curtis (A Coruña). 

Segundo informa o 112 Galicia, ás 2,30 horas pediu axuda debido a que a súa familia se atopaba mal por intoxicación na súa vivenda na avenida principal, en Curtis. Tras chegar ao momento, ventilar o inmoble e facer as correspondentes medicións, os Bombeiros de Betanzos e membros do GES de Curtis indicaron que a mala combustión do braseiro puido ser a causa da intoxicación.
 
Así mesmo, persoal sanitario confirmou o traslado en ambulancia de cinco membros, entre eles dous menores e unha muller embarazada, ao hospital. Ademais, sinalaron que outra persoa tamén acudiu ao centro hospitalario polos seus propios medios.

DOUS INTOXICADOS EN ARTEIXO. Por outra banda, sobre as 3,30 horas, en Arteixo unha nai e o seu fillo foron trasladados ao centro de saúde do municipio por síntimas de intoxicación Foi o marido da muller quen alertou da situación despois de que ela caésese na vivenda. Os bombeiros de Arteixo, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse ata a vivenda e indicaron que a mala combustión da caldeira puido ser o motivo da intoxicación. Foron avisados, entre outros, Policía Local, Protección Civil e a empresa subministradora de gas.

Comentarios