Un investigador galego analiza un novo tratamento para as persoas que sufriron un ictus

O obxectivo é atopar un fármaco que poida axudar a reducir as lesións neuronais a través da nanotecnoloxía

Simulacro de un ataque de ictus. TOÑO PARGA
photo_camera Simulacro dun ataque de ictus. TOÑO PARGA

Andrés da Silva, investigador do Laboratorio de Neurociencias Clínicas do Idis, presentou a súa tese internacional sobre os avances producidos na procura dun tratamento baseado na nanotecnoloxía para os enfermos que sufriron un ictus

A tese profunda nun proxecto no que o Grupo de Neurociencias do Hospital Clínico de Santiago (IDIS) vén traballando desde hai anos, co obxectivo de atopar un fármaco que poida axudar a reducir as lesións neuronais tras un ictus. 

En concreto, buscan un tratamento que poida ser administrado a un gran numero de pacientes, xa que os tratamentos actuais apenas poden beneficiar a cerca do 20% dos enfermos. O reto desta tese era conseguir unha estratexia terapéutica que se puidese aplicar incluso antes da chegada do enfermo a un centro hospitalario, é dicir, nun centro de saúde ou no propio transporte sanitario. 

Ao longo dos catro anos de elaboración desta tese doutoral atopouse un novo fármaco con eficacia terapéutica durante a fase inicial do ictus e que foi probado nunha poboación de 50 enfermos con ictus isquémicos. Co obxectivo de incrementar a súa utilidade, ideouse tamén un novo sistema de nano-encapsulación capaz de dirixir o tratamento á rexión cerebral afectada. 

Comentarios