sábado. 22.01.2022 |
El tiempo
sábado. 22.01.2022
El tiempo

Investigan a morte dun home achado dentro dunha vivenda que ardeu en Padrenda

Oficinas do 112 en Santiago
Oficinas do 112 en Santiago. DP
As primeiras hipóteses apuntan a unha morte natural e a un incendio posterior

A Garda Civil investiga a morte dun home de 70 anos que foi achado falecido na tarde deste luns no interior da súa vivenda de Padrenda (Ourense), na que se rexistrou un incendio. 

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, o home, que vivía só e era fumador, foi achado na cama, onde se produciu un incendio. Por iso, as primeiras hipóteses apuntan a unha morte natural e ao posterior inicio do lume aínda que se está á espera da autopsia para confirmar as causas da morte. 

Pola súa banda, o CIAE 112 Galicia, sinalou que os feitos ocorreron sobre as 18.20 horas, cando os servizos sanitarios contactaron co 112 para solicitar a presenza das forzas da orde para unha casa sitauda no Condado, en Padrenda. 

Tras iso, desde o persoal do 112 puxo a situación en coñecemento da Garda Civil, que se desprazou ao momento. Ao mesmo tempo, os xestores 112 contactaron co alertante que, segundo indicou, era un familiar que a diario asistía ao falecido nas tarefas cotiás. 

Segundo o seu relato, nese momento non ardía nada pero si atopou a vivenda moi escura. Por iso descartouse a intervención dos bombeiros. 

Investigan a morte dun home achado dentro dunha vivenda que ardeu...
comentarios