Investigan a orixe de cinco quilos de goma 2 achados nunha vivenda de Lugo

Un veciño de Astrar atopou o explosivo nun alpendre

Astrar, en Lugo. AEP
photo_camera Astrar, en Lugo. AEP

A Policía Nacional investiga a orixe de cinco quilos de goma 2, un explosivo que se adoita utilizar en canteiras, achados no alpendre dunha vivenda de Astrar, en Lugo.

Un equipo dos artificieiros da Policía Nacional, que se desprazou o pasado martes pola noite desde A Coruña, queimou no lugar os 25 cartuchos de dinamita, de 200 gramos de peso cada un, tras adoptar as oportunas medidas de seguridade.

Tamén atopou cordón detonante, que os axentes levaron para investigar a orixe do explosivo. A goma 2 foi achada polo inquilino nun alpendre contiguo á vivenda que alugou hai un ano.

A dinamita debía levar anos nese lugar porque algúns dos cartuchos estaban deteriorados. Un portavoz policial advertiu de que esta foi "unha situación de perigo" debido "ao material en si, ao paso do tempo e ao lugar de almacenamento" que fan "máis inestable" o explosivo.

Comentarios