Investigan una posible agresión sexual en Vigo a una mujer hallada desorientada en la calle

A suposta vítima, que apareceu semiespida nunha céntrica rúa da cidade olívica, podería ter sido drogada

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo iniciou unha investigación para esclarecer unha posible agresión sexual da que sería vítima unha muller que apareceu deambulando pola rúa Urzáiz, desorientada.

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, a investigación atópase nunha fase moi inicial e na mañá deste martes aínda estaba pendente a declaración da vítima.

Os feitos ocorreron de madrugada o pasado fin de semana, cando unha dotación acudiu á rúa Urzáiz, alertada pola presenza dunha muller, semiespida, e desorientada.

Inicialmente, a muller (que foi trasladada ao hospital) sinalou que estivera cun home, co que se citou a través de internet, e sospeitaba que lle deu algo para anular a súa vontade e agredila sexualmente.

No entanto, a Policía insistiu en que as pescudas non fixeron máis que comezar e queda por aclarar, entre outras cuestións, se o estado da muller cando foi atopada debíase a que tomara voluntariamente ou lle deron algún tipo de sustancia que lle creou ese estado de confusión.