Investigan a un veciño de Gondomar por matar cunha trampa á cadela do veciño

2019100512155921364
photo_camera 2019100512155921400

A Garda Civil investiga penalmente a un veciño do municipio de Gondomar como presunto responsable da morte dunha cadela que faleceu atrapada por un lazo metálico que colocara nas inmediacións do seu galiñeiro.

Segundo informou este sábado o citado corpo policial, a investigación comezou a mediados do mes pasado, cando o dono do animal, un can pastor alemán, denunciou a desaparición da súa cadela.

Os restos do animal apareceron nunha pista forestal da parroquia de Couso e os investigadores lograron identificar o presunto responsable da súa morte.

Segundo a Garda Civil, trátase dun veciño do dono da cadela que colocou unha trampa, consistente nun lazo metálico, nas inmediacións do seu galiñeiro coa intención manifesta de atrapar ao animal que lle estaba matando as galiñas.

Segundo declarou no seu descargo, a cadela matara a unha vintena das súas galiñas nos últimos meses.

A investigación concluíu coa notificación da persoa que colocou a trampa como presunto autor dun delito relativo á protección de flora, fauna e animais domésticos, por utilizar artes ou elementos de caza non selectivos, que foron os que supostamente causaron a morte do animal.

Simultaneamente ás dilixencias instruídas, que foron entregadas no Xulgado de instrución de garda de Vigo, procedeuse á retirar preventivamente as armas de caza que tiña esta persoa para iniciar un expediente de revogación das licenzas que amparan a súa tenencia.