José Luís Baltar e a súa muller están hospitalizados a causa do coronavirus

O expresidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar. EFE
photo_camera O expresidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar. EFE

O expresidente da Deputación de Ourense José Luís Baltar e a súa esposa, Alicia Blanco, atópanse ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo) a causa do coronavirus.

Baltar xa fora ingresado o pasado día 23, pero foi dado de alta e agora tivo que volver. Tras dar positivo, a súa muller fíxoo aos poucos días e tamén foi hospitalizada, aínda que no seu caso non foi dada de alta e segue desde entón no Chuo. Ambos evolucionan favorablemente.

Comentarios