Juan Vicente Herrera e Javier Fernández, Medallas de Ouro de Galicia 2019

Feijóo defende a escolla do presidente en funcións de Asturias e o expresidente de Castela e León pola "defensa" que sempre fixeron "dos intereses do noroeste"

Feijóo xunto a Fernández e Herrera. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Feijóo xunto a Fernández e Herrera. PEPE FERRÍN (AGN)

O presidente en funcións do Principado de Asturias, Javier Fernández, e o xa expresidente de Castela e León, Juan Vicente Herrera, son os dous nomes propostos polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, para recibir as Medallas de Ouro de Galicia de 2019. 

Tal e como avanzou Feijóo nun vídeo publicado na conta de Twitter da Xunta, os dous mandatarios autonómicos serán propostos na reunión do Consello da próxima semana para colgarse a "máxima distinción" que concede Galicia a "persoas que traballan por Galicia", debido á "defensa dos intereses do noroeste" do Estado. 

"Cos veciños sempre é bo levarse ben, pero ademais de levarse ben, é que estes veciños fixemos a defensa dos intereses do noroeste, perfectamente compatible co conxunto dos intereses de España", aborda o presidente galego. 

Neste sentido, Feijóo valora que o fixeron "con razón, con altura de miras, con convicción", porque "o mellor exemplo de política é aquel que antepón os intereses xerais a calquera outro". 

 

Comentarios