Leiceaga descártase para a candidatura do PSOE ás europeas

Asegura que así llo trasladou ao exministro José Blanco nun mitin

Xoaquín Fernández Leiceaga. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Xoaquín Fernández Leiceaga. PEPE FERRÍN (AGN)

O portavoz do PSdeG na Cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, afirmou que non está interesado en figurar na candidatura do Partido Socialista para as eleccións ao Parlamento europeas que terán lugar o próximo 26 de maio.

"Querédesme colocar en todas as listas e non atopo a forma de dicirvos que non estou en ningunha carreira", asegurou este luns Leiceaga a preguntas os medios durante unha comparecencia de prensa no Pazo do Hórreo.

Neste sentido, asegurou que trasladou esta postura ao eurodiputado e exministro de Fomento José Blanco durante o mitin que o Partido Socialista celebrou o pasado domingo na Coruña con presenza do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

"Onte (o domingo) díxenllo a Pepe Blanco: que saibas que non fixen ningunha chamada, nin me interesa, nin estou en ningunha carreira", sinalou Fernández Leicega, quen insistiu en que a súa intención é continuar na Cámara galega, onde podería abandonar o seu posto como portavoz nos próximos meses ante a posible entrada no Parlamento do líder do partido, Gonzalo Caballero. 

Comentarios