Leve repunte de casos activos e hospitalizados tras máis de 2.000 contaxios

Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO
photo_camera Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO

Galicia rexistra un leve repunte no número de casos activos de coronavirus, que alcanzan os 19.589, logo dunha xornada con 2.085 novos contaxios, e tamén un lixeiro aumento de persoas hospitalizadas enfermas de covid-19, que chegan a 386, informa a Xunta.

En total hai 106 persoas máis contaxiadas que o martes, unha leve diferenza que, con todo, frea a caída de casos que Galicia viña experimentado unha vez superado o repunte causado pola celebración do Entroido.

Das persoas hospitalizadas, 26 áchanse en unidades de coidados intensivos (Uci), as mesmas que no anterior parte ofrecido polo Sergas.

Desde o inicio da epidemia hai dous anos, En Galicia contaxiáronse de coronavirus 523.698 persoas, das cales se recuperaron 501.002, e faleceron 3.162 persoas, cinco destas mortes comunicadas nas últimas horas.