Liberado un neno con dificultades para saír dun coche no párking de Samil 

Os servizos de urxencias tiveron que intervir na tarde deste xoves para liberar un neno que tiña dificultades para saír do interior dun turismo estacionado no aparcadoiro da praia de Samil, en Vigo, 

Segundo informou o 112, ocorreu sobre as 15.40 horas, cando os servizos de urxencias foron alertados pola imposibilidade do neno de saír do coche aparcado en Samil. 

Ata a zona desprazáronse os Bombeiros de Vigo e axentes da Policía Local. Ademais, informouse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Finalmente, os servizos de urxencias que se desprazaron ata o lugar liberaron o menor a través da fiestra lateral do coche.