Liberan a un exemplar de paxaro arao nas Cíes tras ser tratado por síntomas de desnutrición 

Trátase dunha especie de ave mariña que frecuenta Galicia durante o inverno

Ejemplares de arao. AEP
photo_camera Exemplares de arao. AEP

A Consellería de Medio Ambiente liberou a un exemplar de paxaro arao común que foi atopado a finais de xullo nas Illas Cíes con síntomas de desnutrición, ferido e desorientado. 

O paxaro foi atopado nos arredores do Lago dos Nenos e pasou 12 días no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo (Pontevedra), segundo informou a Xunta.

Esta especie de ave mariña frecuenta Galicia durante o inverno, pero no pasado contaba cunha forte presenza de colonias moi numerosas nestas illas das Rías Baixas. Con todo, a día de hoxe só existen dúas parellas de arao que aniñen e se reproducen na Península, e localízanse en Camariñas (A Coruña). 

Para poder realizar un seguimento do arao liberado, os técnicos e traballadores que o trataron colocaron un anel metálico na súa pata, un dispositivo de identificación que resulta útil para a comunidade científica. 

Este distintivo permite desenvolver estudos e medidas de conservación, xa que supón unha fonte de información respecto dos movementos migratorios das aves, as taxas de mortalidade e a morfoloxía de certas especies. 

Tras colocar o anel de seguimento e comprobar o seu estado de saúde, o arao foi liberado por un dos responsables do Servizo Nacional de Áreas Protexidas de Perú, Juan Carlos Heaton.

Comentarios