Localizada en bo estado a menor desaparecida en Ourense na cabalgata de Reis

A menor, de 16 anos, foi localizada na zona Rairo, na cidade das burgas

Efectivos policiais localizaron en bo estado á adolescente de 16 anos que se atopaba desaparecida desde o pasado día 5 de xaneiro, véspera de Reis, na cidade de Ourense e segundo puido saber Efe xa se atopa coa súa familia.

Segundo os datos facilitados pola Policía Local, unha patrulla localizou á menor, soa, nas inmediacións do campo de fútbol "situado na zona de Rairo" na cidade.

A adolescente ao ver aos axentes intentou fuxir pero foi interceptada pola patrulla e, acto seguido, trasladada a dependencias policiais onde se avisou aos pais de que xa aparecera.

Fontes policiais confirmaron que a menor se atopa en bo estado de saúde e xa foi entregada aos seus pais. Os proxenitores foron á primeira hora desta tarde a recollela desde Pereiro de Aguiar.

A familia denunciara a desaparición de Yaiza Hermida Dacosta, o día da cabalgata de Reis, despois de que a moza non regresase con eles para volver a casa.

Os familiares crían que a marcha non fora voluntaria aínda que a Policía Nacional cualificou desde o primeiro momento a súa desaparición de non "inquietante", posto que xa se foi de casa con anterioridade. 

Comentarios