Localizada a moza de 14 anos desaparecida na Coruña

A menor faltaba do seu domicilio desde o 31 de agosto
Coches da Policía Nacional. DP
photo_camera Coches da Policía Nacional. DP

A Policía Nacional e SOS Desaparecidos desactivaron nas últimas horas a procura da moza de 14 anos que faltaba do seu domicilio da Coruña desde o pasado luns e que xa foi localizada. 

Así o confirmaron tanto a Policía como distintos grupos dedicados á difusión de desaparición e a propia familia da moza, que publicaba en redes sociais unha mensaxe indicando que xa fora localizada. 

A menor, de 14 anos e complexión delgada, faltaba do seu domicilio desde o pasado 31 de agosto e ao longo deste mércores levou a cabo unha intensa campaña a través de redes sociais para tratar de atopala. 

Comentarios