Localizan nunha casa deshabitada o cadáver do octoxenario desaparecido en Ribadumia

O home padecía problemas de mobilidade e, segundo os primeiros indicios, puido desorientarse cando volvía ao seu fogar de visitar a unha veciña

 

Vivienda en la que apareció el cadáver del octogenario desaparecido en Ribadumia. EP
photo_camera Manuel Barragáns desapareceu este sábado. SOS DESAPARECIDOS

O helicóptero da Garda Civil localizou na mañá deste domingo en Ribadumia o corpo sen vida do home de 85 anos que faltaba do seu fogar desde o mediodía pasado sábado. 

Segundo informou o Instituto armado, os medios áereos avistaron o cadáver do home ao redor das 11.00 horas deste domingo nunha casa deshabitada localizada a uns dous quilómetros de distancia da residencia do falecido. 

O home padecía problemas de mobilidade e, segundo os primeiros indicios, puido desorientarse cando volvía ao seu fogar de visitar a unha veciña. Un familiar deu a voz de aviso aos servizos de urxencia ás 14,00 horas do pasado sábado, alarmado por que o falecido non volvera a casa. 

No dispositivo de procura, coordinado pola Garda Civil, participou o equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias, efectivos de Protección Civil de Ribadumia, unha unidade canina do GES de Padrón, os bombeiros do Salnés e veciños da zona.