Localizan o septuaxenario desaparecido en Monterrei

Só presentaba uns rasguños
Desaparecido en Monterrei. TVG
photo_camera Desaparecido en Monterrei. TVG

O home desaparecido na tarde deste domingo no municipio de Monterrei (Ourense) regresou ao seu domicilio cuns "rasguños" de noite cando xa se desactivara o operativo de rastrexo ata a xornada deste luns. 

Así o informaron a Europa Press fontes de Protección Civil da localidade, que relataron que foron uns veciños os que se atoparon co home pasadas as 22.30 horas deste domingo cando o home "retornaba ao pobo". 

Ese domingo un amplo operativo participou na procura deste home desaparecido desde a tarde deste domingo en Monterrei, un home que adoita saír a pasear e, en ocasións, se desorienta. 

Nos labores para tratar de localizalo participaron drones da Axencia Galega de Emerxencias, equipos dacabalo e persoal de Protección Civil de Monterrei e Cualedro. 

O home saíu a pasear despois de comer, ao redor das 14.30 horas, na localidade de Medeiros. O aviso de que non regresaba a casa deuno a súa irmá. Fontes de Protección Civil explicaron que desaparecera hai dous anos "cando se foi a 12 quilómetros" e entón localizárono cando realizaba o traxecto de volta.