Lucas Martinón, estreito colaborador de Feijóo, cesa a petición propia

O presidente da Xunta comunicou a marcha dunha das súas persoas de confianza, quen lle escribe os discursos desde a súa chegada a Monte Pío
Lucas Martinón. XUNTA
photo_camera Lucas Martinón. XUNTA

O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, comunicou na rolda de prensa posterior ao Consello a marcha de Lucas Martinón, director xeral de Comunicación do Executivo galego e unha das persoas de máxima confianza do presidente.

Martinón cesa a petición propia por motivos persoais. O xornalista ourensán, nacido en 1980 e casado coa conselleira de Política Social Fabiola Garcia, forma parte do estreito círculo de máxima confianza de Feijoo, para o que escribe os discursos desde a súa chegada a Monte Pío.

Martinón xa estivera antes con Feijoo na consellería na era Fraga e durante os catro anos de oposición. Ademais, dirixiu as catro campañas electorais do PPdeG.

Feijoo agradeceulle a súa entrega durante 16 anos e deséxoulle sorte na súa nova etapa, na que iniciará un proxecto fóra do ámbito político.

Comentarios