Lufthansa conectará Santiago con Frankfurt a partir de setembro

A liña aérea ofrece aos seus clientes unha proba PCR certificada para a covid-19 nos seus centros de operacións en Alemaña para evitar posibles corentenas
Un avión de Lufthansa. EP
photo_camera Un avión de Lufthansa. EP

A aeroliña alemá Lufthansa triplicará a súa oferta de voos respecto dos que ofrecía a mediados de xuño e voará desde 14 aeroportos españois aos principais centros de operacións europeos, cos que ofrecerá máis de 500 frecuencias semanais. 

A compañía informou de que a partir de setembro comezará un novo servizo desde Santiago de Compostela e Sevilla tres días á semana cara a Frankfurt, operado por Lufthansa e estreará dous novos voos diarios desde Barcelona a Viena con Austrian Airlines. 

Lufthansa tamén engadirá desde principios de outubro dous novos voos semanais por traxecto desde Tenerife Sur e Gran Canaria a Frankfurt. 

As cinco aerolíneas que compoñen o grupo (Lufthansa, Brussels Airlines, SWISS, Eurowings e Austrian Airlines) manteñen voos diarios desde as principais cidades españolas aos seus centros de operacións de Frankfurt, Múnic, Zúric, Xenebra, Bruxelas, Viena, Colonia, Hamburgo ou Berlín.

A liña aérea ofrece aos seus clientes unha proba PCR certificada para a covid-19 nos seus centros de operacións en Alemaña para evitar posibles corentenas. 

Comentarios