Os lumes do Parque Natural do Invernadoiro arrasan preto de 70 hectáreas

Crese que a orixe do incendio ha un raio orixinado por unha tormenta seca

Vista general del incendio forestal que afecta al parque natural de O Invernadoiro. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Vista xeral do incendio forestal que afecta o parque natural do Invernadoiro. BRAIS LORENZO (EFE)

Os dous incendios forestais que se orixinaron no parque natural do Invernadoiro, na provincia de Ourense, seguen activos e queimaron preto de setenta hectáreas desta privilexiada paisaxe.

A Consellería de Medio Rural informou na súa conta oficial de Twitter de que o primeiro dos focos afecta a 14 hectáreas e o segundo a 54, á parte de sinalar que na zona xa están a actuar de novo os medios aéreos.

Fontes das brigadas consultadas non descartan que a orixe do incendio sexa un raio orixinado por unha tormenta seca, xa que os lumes están situados nunha zona de difícil acceso, extremo que non foi confirmado de forma oficial.

Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 en caso de detectar algunha incidencia destas características. 

Comentarios