Un luns de inestabilidade dará paso a unha semana de sol e calor

En el cielo se alternarán nubes y claros. ALBA SOTELO
photo_camera En el cielo se alternarán nubes y claros. ALBA SOTELO

Un achegamento de aire frío nas capas altas da atmosfera provocará un aumento da inestabilidade en Galicia durante este luns.

Deste xeito, espéranse ceos alternando nubes e claros, con chuvascos tormentosos, máis probables no interior e nas zonas de montaña.

As temperaturas mínimas estarán en lixeiro ascenso mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará do nordés, con intervalos fortes na Costa da Morte.

De cara ao resto da semana, o martes irán gañando influencia as altas presións e o mércores xa serán a tónica dominante, cos ceos despexados e temperaturas acordes á época do ano. O resto da semana prevalecerán o ceo pouco nubrados, excepto no norte, aínda que non se esperan choivas.

Temperaturas extremas previstas nas cidades este luns
A Coruña 18° 23° Ferrol 18° 25° Lugo 11° 25° Ourense 16° 31° Pontevedra 15° 28° Santiago 16° 25° Vigo 16° 27°. 

Comentarios