En Marea e BNG solicitan a comparecencia de Almuíña para explicar o novo plan de Primaria

Eva Solla reduce a un "bluf" as 175 medidas do documento, mentres Montse Prado critícao por ambiguo "" e "non concretar prazos"

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. CABALAR (EFE)
photo_camera O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. CABALAR (EFE)

Os grupos de En Marea e BNG no Parlamento galego solicitaron a comparecencia do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no Parlamento de Galicia para que explique o novo plan con 175 medidas para a Atención Primaria que foi presentado este mércores e que parte de reclamacións dos grupos de traballo constituídos para ese efecto polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). 

Segundo informa o grupo de En Marea tamén presentou no Pazo do Hórreo "unha batería de preguntas" á Consellería para coñecer o orzamento que prevé incrementar a Xunta para levar a cabo as iniciativas expostas. 

Para a deputada do partido instrumental Eva Solla, á hora de elaborar o plan "non se tivo en conta á maior parte dos profesionais, nin aos xefes e xefas de servizo que dimitiron nos centros de saúde de Vigo, nin a maioría dos profesionais puideron acceder a achegar nada nesas conclusións". 

Por iso, a parlamentaria considera "un auténtico 'bluf'" este documento "que non conta en absoluto con ningún tipo de orzamento parello, a pesar de que a Atención Primaria foi perdendo orzamento paulatino nos últimos anos e hoxe ocupa -segundo as súas cifras- só o 12 por cento" das contas de Sanidade. 

Por parte do BNG, a deputada Montse Prado considera as 75 medidas unha "saída en falso" que "non responden as demandas urxentes" reclamadas polos colectivos da sanidade pública, posto que "está trufado de ambigidades e non concreta prazos" para a súa execución. 

Comentarios