Marea Galeguista cre que as eleccións "teñen que aprazarse"

O aspirante á Presidencia da Xunta demandou á Consellería de Sanidade que ofreza "información" completa sobre o rebrote na Mariña
Pancho Casal. MAREA GALEGUISTA
photo_camera Pancho Casal. MAREA GALEGUISTA

O candidato da Marea Galeguista á Presidencia da Xunta, Pancho Casal, defendeu este sábado que se os rebrotes de coronavirus, como o que está activo na Mariña lucense, impedisen exercer o dereito ao voto aos cidadáns de determinados núcleos, as eleccións autonómicas deberían volver aprazarse".

"Se a Xunta non pode cumprir co que nós apoiamos, que era garantir totalmente o dereito electoral, habería que reformularse esta campaña", expuxo Pancho Casal, representante de En Marea que defendeu que a convocatoria electoral tivese lugar en xullo.

Neste sentido, en declaracións á prensa con motivo dun acto de campaña, Casal censurou ademais que o PPDEG e o seu candidato Alberto Núñez Feijóo, traten de restar "importancia" ao rebrote da Mariña "decretando un apagamento informativo nos medios públicos e privados".

Ante esta situación, o aspirante á Presidencia da Xunta demandou á Consellería de Sanidade que ofreza "información" completa sobre a situación e "publique o protocolo" ante rebrotes.

Ademais, desvelou que na súa propia candidatura contan con persoas “con sospeitas de estar infectados” aos que, segundo a súa versión, “non lles fan as probas" nos seus respectivos centros sanitarios.

Comentarios