O expresidente do Goberno Mariano Rajoy empezou o ano en Galicia, e fíxoo "cumprindo a tradición", de ruta. Un dos seus compañeiros de camiñada, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compartiu a través de Twitter unha imaxe da camiñada, que terminou como é habitual na Armenteira.
Empezamos el año cumpliendo la tradición: ruta con @marianorajoy hasta Armenteira y foto de recuerdo. Gracias Presidente por estar aquí un año más! Feliz 2020 a tod@s!! pic.twitter.com/OiiwrHTDIO
— Alfonso Rueda (@ARueda68) January 1, 2020
Rueda e Rajoy, que percorre con frecuencia a Ruta da Pedra e da Auga —que conclúe no Mosteiro da Armenteira (Meis)—, estiveron acompañados por outro habitual da ruta. É José Benito Suárez, presidente da Autoridade Portuaria Marín-Pontevedra e esposo de Ana Pastor.