Materfem presenta un observatorio sobre a violencia machista contra as nais con nenos

A asociación Materfem  (Maternidades Feministas de Compostela) presenta ás 11 da mañás deste mércores, na librería Lila de Lilith de Santiago de Compostela, o Observatorio sobre as violencias machistas cotiás que afectan ás mulleres na maternidade e ás súas crianzas e que son consecuencia do feito de ser mulleres.

O estudo, na forma de cuestionario online, está organizado en nove apartados, segundo o tipo de violencia experimentada. Será lanzado esta semana, co obxectivo de poder analizar os datos recollidos de cara ao vindeiro 8 de marzo.

O obxectivo é crear unha ferramenta para a visibilización das violencias machistas que afectan especialmente a este colectivo, que facilite a formulación de denuncias e de propostas de medidas políticas para reverter esa situación. 

Comentarios