Os municipios galegos en alerta vermella xa alcanzan o medio centenar

Entran en nivel 3 Barbadás, Verín, Neda e Cabana de Bergantiños
Mapa del 6 de noviembre. EP
photo_camera Mapa do 6 de novembro. EP

Os municipios galegos en alerta vermella pola incidencia da Covid-19 eleváronse este venres aos 50, ao entrar na lista as localidades ourensás de Barbadás, Verín, así como Neda e Cabana de Bergantiños, na Coruña. 

En concreto, na provincia da Coruña, permanecen en vermello 18 municipios. Trátase de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Oleiros, A Coruña, Cambre, Culleredo, Arteixo, Carballo, Malpica, Cabana de Berganitños, Vimianzo, Ordes, Santiago, Ames e Teo. 

Pola súa banda, en Pontevedra, mantéñense en 21 os concellos no máximo nivel de alerta. Así, esstán en vermello Lalín, Vilagarcía, Cambados, Ribadumia, O Grove, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Moaña, Cangas, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui e A Guarda. 

En Lugo, non se rexistran cambios e continúan en vermello, ademais da propia cidade da muralla, Monforte, Viveiro, Cervo e Burela. Tamén se manienten en vermello os muicipios ourensáns de Xinzo, Ourense, Ribadavia e O Carballiño, aos que se suman Barbadás e Verín. 

De acordo co mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, a gran maioría de concellos en situación 3 pola pandemia están situados nas provincias de Pontevedra (21) e A Coruña (18), seguidas de Ourense (6) e Lugo (5). 

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus nos últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Santiago --máis de 112--, Lugo --máis de 112--, Ourense --máis de 120--, A Coruña --máis de 276-- e Vigo --máis de 332--.

ALERTA LARANXA. Mentres, en situación dúas --na cor laranxa do mapa-- sitúanse 24 municipios, un máis que o xoves. Na provincia da Coruña son Valdoviño, Mugardos, Ares, Betanzos, Sada, Cerceda, Ponteceso, Laxe, Zas, Santa Corda, Oroso, Boqueixón e Noia. 

Na de Lugo, mantéñense neste nivel Palas de Rei e Chanada, aos que se suma Guntín. No caso de Pontevedra están en laranxa A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Ponte Caldelas, Soutomaior, Gondomar, Tomiño e A Cañiza. 

Na provincia de Ourense non hai ningún concello nesta cor. 

Comentarios