Medio Rural autoriza o operativo para retirar os vagóns da beira do Sil

A consellería dá luz verde á autorización solicitada por Adil, pero estableceu requisitos para evitar incendios
Vagones caídos ao Sil. EFE
photo_camera Vagones caídos ao Sil. EFE

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, indicou este sábado que o seu departamento concedeu a autorización solicitada por Adif para o operativo de retirada dos vagóns do tren de mercadorías que descarrilou en Carballeda de Valdeorras (Ourense), pero estableceu requisitos para evitar incendios. 

En declaracións na presentación dunha campaña de promoción de produtos agroalimentarios, González sinalou que os traballos se autorizan "sempre que se cumpran as condicións para evitar" lumes, nunha situación de "máxima alerta" por risco de incendio forestal. 

Con "vontade de cooperación", agregou, Medio Rural concedeu a autorización que dependía deste departamento "tan pronto como se pediu". 

O operativo anunciado por Adif para retirar os catro vagóns que seguen na zona do descarrilamento (dous no lado do noiro, un envorcado no terraplén entre a vía e o río Sil e un último na beira do río, en contacto coas augas), requiren abrir unha vía para que pasen os guindastres entre Sobradelo e o punto exacto no que están as estruturas. Para iso haberá que facer rozas na zona. 

Os guindastres instalaranse sobre a vía, o que fai necesario retirar a catenaria. Axudarán a fixar os vagóns para desmontalos e a que os operarios baixen co seu material á estrutura que se atopa no río. 

Comentarios