viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Unha menor de 4 anos ferida de gravidade ao ser atropelada por un turismo en Carnota

Ambulancia do 061. ARQUIVO
Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)
A nena atopábase cruzando a vía por fóra do paso de peóns cando un vehículo a arroiou

Unha menor de sete anos resultou ferida de gravidade ao ser atropelada por un turismo na tarde deste domingo no municipio de Carnota. Os feitos sucederon pasadas as 17,00 horas cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular alertando de que unha menor fora alcanzada por un coche. 

Tal e como informou a Garda Civil a Europa Press, a nena atopábase cruzando a vía por fóra do paso de peóns cando un vehículo a arroiou. 

Así mesmo, nun primeiro momento a vítima foi evacuada de gravidade ao Hospital Virxe da Xunqueira, no municipio de Cee (A Coruña), segundo informou o 112 Galicia. No entanto, máis tarde, os sanitarios trasladárona ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para atendela neste centro. 

Unha menor de 4 anos ferida de gravidade ao ser atropelada por un...