A Mesa inicia a recollida de sinaturas para a creación da canle do 'Xabarín Club'

A petición, que reuniu a través da web unhas 15.000 firmas, chega así á fase de recollida física de apoios, imprescindible para o trámite parlamentario
Xabarín Club. ARQUIVO
photo_camera Xabarín Club. ARQUIVO

A Mesa pola Normalización Lingüística inicia esta semana a recollida de sinaturas para pedir mediante unha iniciativa lexislativa popular que se amplíe a programación infantil da CRTVG cunha canle temática baixo o nome Xabarín Club.

Nun comunicado, os promotores da iniciativa remarcan que máis de 250 establecementos de toda Galicia colaboran na recollida de sinaturas co obxectivo de facilitar a participación das persoas que queiran que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade a través dunha canle Xabarín.

Desde A Mesa solicitan que esta canle conte con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada que conte ademais con programas e xogos.

A petición, que reuniu a través da web unhas 15.000 sinaturas, chega así á fase de recollida física de apoios, imprescindible para o trámite parlamentario.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, defende que esta iniciativa chegue a debaterse na Cámara galega xa que será a forma máis eficaz de demostrar a nosa forza colectiva e de transformar en realidade a necesidade" que senten os impulsores da proposta.

Comentarios