domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

A Mezquita conxélase a -5,2 graos, a mínima máis baixa de Galicia

Un termómetro en negativo. ARQUIVO
Un termómetro en negativo. ARQUIVO

As previsións anunciaban frío e os termómetros galegos confirmaron o seu acerto. As temperaturas caeron na madrugada do luns ao martes a valores baixo cero en numerosos municipios de Lugo e Ourense, onde se rexistrou a marca máis fresca da comunidade. Foi en A Mezquita, onde os termómetros baixaron aos -5,1 graos, atendendo aos rexistros de Meteogalicia.

En Lugo, mentres, o rexistro máis baixo correspondeu a Sarria, con -3,5 graos, aínda que non foi o único dato en negativo na provincia. Na capital rexistráronse -2,2 graos, en Pedrafita do Cebreiro alcanzáronse os -2,1 e en Folgoso do Courel os 2. Tamén estiveron en negativo Portomarín (-1,9), Bóveda (-1,5), Monforte (-1,1) ou Antas de Ulla (-1).

Con todo, as temperaturas non caeron tanto como en Ourense, onde Vilariño de Conso quedou nos -4,4 graos centígrados; A Veiga, nos -4,3, e Verín nos -4,1. Outros rexistros significativos na zona de montaña correspóndense cos -2,9 de Manzaneda e os -2,4 de San Xoán de Río.

En Pontevedra, mentres, a mínima máis baixa correspondeu a Lalín, con -2,9 graos centígrados.

A Mezquita conxélase a -5,2 graos, a mínima máis baixa de Galicia
Comentarios