Miguel Ángel Cadenas, presidente do TSXG, xubílase a mediados de abril

Naceu en Ourense en 1947 e estudou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela

Miguel Ángel Cadenas. AEP
photo_camera Miguel Ángel Cadenas. AEP

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Angel Cadenas, xubilarase a mediados do mes de abril, polo que os seus compañeiros organizáronlle unha homenaxe que se celebrará o 5 de abril na Coruña.

Cadenas é presidente do alto órgano xudicial galego desde 2009, informan este venres fontes do TSXG.

Naceu en Ourense en 1947, estudou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en xuño de 1974 ingresou na carreira xudicial.

O seu primeiro destino foi o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución do Barco de Valdeorras (Ourense); posteriormente, ascendeu á categoría de maxistrado en 1979 e, tras varios destinos, foi nomeado presidente da Audiencia Provincial de Ourense en 1986.

En xullo de 1995 tomou posesión como maxistrado especialista na Sala do Social do TSXG, praza na que permaneceu ata o seu nomeamento como presidente do máximo órgano xudicial de Galicia. 

Comentarios