domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Miranda traslada aos galegos en Londres o respaldo de Galicia ante a "incerteza" o brexit

Antonio Rodríguez Miranda. VÍCTORIA RODRÍGUEZ
Antonio Rodríguez Miranda. VÍCTORIA RODRÍGUEZ
Segundo informou a Xunta, o Reino Unido é o segundo Estado de Europa do que se rexistran máis retornan

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo este sábado un encontro co presidente do Centro Galego de Londres, Nicolás Miño, a quen, ademais dagradecerle o seu traballo a favor da cultura galega no Reino Unido, ha trasladou o respaldo da comunidade galega ante a "incerteza" xerada polo brexit. 

Así, Miranda sinalou que esta incerteza "ten "unha alternativa en Galicia", a través dunha "batería de medidas deseñadas especificamente para aqueles que se expoñen regresar á comunidade". 

Segundo informou a Xunta, o Reino Unido é o segundo Estado de Europa do que máis galegos retornan, por detrás de Suíza, que encabeza a listaxe. Gran Bretaña e Irlanda do Norte son, ademais, os territorios nos que máis se incrementou o retorno nos últimos cinco anos, case duplicándose desde 2013. 

A 1 de xaneiro de 2019, a cifra total de galegos residentes neste país europeo era de 14.736, o que o converte no cuarto país do continente con maior presenza de galegos, superado por Suíza, Francia e Alemaña. 

Miranda traslada aos galegos en Londres o respaldo de Galicia ante...
Comentarios