Monbus súmase ao protocolo de paradas 'antiacoso' en todas as súas liñas de autobús interurbanas

As mulleres, os menores de idade, persoas xubiladas que viaxan soas ou con algunha discapacidade poderán solicitar este servizo

Un autobús de Monbus. EP
photo_camera Un autobús de Monbus. EP

Monbus sumouse ao protocolo de paradas seguras, antiacoso, en todas as liñas de autobús interurbanas nas que opera en Galicia para o servizo de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada da Xunta.

As mulleres, os menores de idade, persoas xubiladas que viaxan soas ou con algunha discapacidade poderán solicitar paradas fóra dos puntos previstos nas liñas entre as 22,00 e as 7,00 horas, informa a empresa.

A posta en marcha deste servizo será efectiva a partir do 8 de marzo, coincidindo coa conmemoración do día internacional da muller.

As solicitudes deberán facerse a petición no momento de subir no vehículo e os puntos de parada terán que estar situados no itinerario da propia ruta, é dicir, os autocares non poderán desviarse por itinerarios non previstos.

Comentarios