Un ciclista de 62 anos faleceu na tarde deste mércores ao sufrir unha indisposición cando circulaba coa súa bicicleta polo municipio coruñés de Val do Dubra.
Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo de urxencias, o suceso tivo lugar na parroquia de Rial minutos despois das 17.10 horas.
Pola súa banda, o CIAE 112 Galicia sinalou que, tras recibir o aviso, o persoal do 112 informou a Protección Civil, á Garda Civil, así como ao 061-Urxencias Sanitarias, que enviou ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Unha vez no punto, os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.