Morre por coronavirus o misioneiro galego Gonzalo Dasilva

O home faleceu en Madrid aos 56 anos de idade
Gonzalo Dasilva. HOZANA - Interior
photo_camera Gonzalo Dasilva. HOZANA

O misioneiro Gonzalo Dasilva Fernández, natural de Vigo, morreu o pasado domingo en Madrid aos 58 anos de idade a causa do coronavirus, informou a Diocese de Tui-Vigo.

Uns poucos días antes comezara a sentir síntomas leves, como tose e un pouco de febre, polo que se recluíu na súa habitación, onde pareceu mellorar ata sufrir unha sorpresiva crise este domingo que lle causou a morte.

Gonzalo Dasilva pertencía á Congregación dos Misioneiros Combonianos, en cuxo Seminario Menor, en Santiago, estudou antes de facer o seu postulantado en Granada, onde estudou na Facultade de Teoloxía.

Ordenado sacerdote o 7 de Xullo de 1990, dous anos despois foi destinado a traballar á misión dos Combonianos en Togo, Gana e Benín, e alí traballou durante 18 anos antes de ser chamado de volta a España para encargarse do economato provincial.

A Diocese de Tui Vigo destaca que a súa morte "foi unha grandísima perda para a Misión", mentres que os seus compañeiros subliñan que foi un sacerdote sempre amable e solícito, que escoitaba a quen se achegase a el.

A Delegación de Misións, en nome do Obispado de Tui-Vigo, uniuse á dor pola perda deste misioneiro, co compromiso de celebrar en Vigo unha misa funeral cando termine o estado de alarma e poida restablecerse o culto público nos templos.