martes. 11.05.2021 |
El tiempo
martes. 11.05.2021
El tiempo

Morre un dos dous mariñeiros do Grove rescatados tras caer ao mar en Ons

Imagen de archivo del Pesca I AG
Imaxe de arquivo do Pesca I. AG
O outro tripulante rescatado no Tucán II, o seu patrón, permanece ingresado con hipotermia

Nada puideron facer os profesionais sanitarios do Álvaro Cunqueiro por salvar a vida dun dos dous mariñeiros que eran rescatados na mañá deste domingo tras caer á auga preto da illa de Ons. Según confirmou este xornal, o persoal hospitalario non puido máis que confirmar a morte do mariñeiro, de 51 anos, á súa chegada ao citado centro.

O outro home rescatado, o patrón do Tucán II, con base no Grove, permanece ingresado en estado de hipotermia. A embarcación contaba cun terceiro tripulante, que quedou no barco e se atopa en bo estado tras trasladar o Tucán II ao Grove coa axuda doutras embarcación.
 
Sobre as 11:15 horas, persoal da Sala de GardaCostas informaba ao 112 Galicia da mobilización da aeronave para o rescate das persoas que caeran á auga entre Sálvora e Ons. Ademais dos servizos sanitarios de urxencia foron informados os axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Ao parecer, o finado precipitouse á auga e tras el foi o patrón con chaleco salvavidas para rescatalo.

Morre un dos dous mariñeiros do Grove rescatados tras caer ao mar...