Martes. 18.12.2018 |
El tiempo
Martes. 18.12.2018
El tiempo

Morre o exalcalde de Ferrol Juan Blanco Rouco

Juan Blanco, nunha imaxe de arquivo. AEP
Juan Blanco, nunha imaxe de arquivo. AEP

Gobernou na cidade entre 1995 e 1999

Juan Blanco Rouco, alcalde de Ferrol polo PP entre 1995 e 1999, faleceu este mércores aos 78 anos de idade, confirmaron fontes municipais.

Nacido en Neda o 2 de abril de 1940, gobernou como rexedor en coalición co grupo local Independentes por Ferrol, liderado polo exconselleiro de Industria Juan Fernández, tamén no seu momento en filas do PP. Ao termo dese mandato, exerceu como vicepresidente da Deputación da Coruña entre 1999 e 2003.

Licenciado en Linguas Clásicas pola Universidade Complutense de Madrid, foi profesor de Secundaria na cidade ferrolá e iniciou a súa carreira política como edil de Alianza Popular nesta mesma localidade en 1983.

Ademais, foi xefe de gabinete da Consellería de Educación da Xunta e senador, neste caso de 1993 a 1995.

Ao transcender a súa morte, o actual alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común), referiuse a el como "unha excelente persoa" en redes sociais: "Unha mensaxe de condolencia a toda a súa familia e achegados; que a terra che sexa leve, alcalde".

Morre o exalcalde de Ferrol Juan Blanco Rouco
Comentarios